Apostando por persoas. Un artigo de Francisco Maceira de apoio a FeC


Foto cedida por Luis Plácido (http://www.luisplacido.com/blog/ )


Din que estamos nun cambio de ciclo. Que o sistema fai auga.

Que a crise non so é económica senón social, política, espiritual, de valores… e que veu para quedarse.

Estás falando co teu mellor amigo e cando te descoidas róubache un cabrito e escapa correndo.

A política volveuse unha ferramenta enlamada e pouco útil para descabalgar ós de sempre. Para cambiar o mundo ou alomenos este Ferrol bipolar e decadente.

Xa non valen as siglas, nin partidos, nin programas ….. Se un che promete un dique flotante sempre haberá quen che prometa dous.

Por iso non leo os programas. Hai que ler á xente.

Por iso apoio á candidatura de Ferrol en Común. Creo que son
persoas que nunca avalarían a invasión de un país provocando millóns de mortos. Que non darían prioridade a pagar a débeda mentres a xente de casa pasa fame. Que están da parte dos desafiuzados, dos artistas, dos obreiros, dos labregos…
Resumindo da parte da xente. 
 
Neste Ferrol raído que nos tocou vivir fai falla un cambio. Non poden seguir gobernando os dos Jaguar no garaxe.Os dos Louis Vuitton. Os do confetti de balde . Os dos “regalos de la hostia”.
O noso país non se merece a estos timoneis de Marcial Dorado.

E o que queira seguir votando por tipos que contan moreas de billetes na traseira dun Mercedes alá eles. Pero que sepan que están hipotecando a vida dos seus fillos e dous seus netos. Porque levar un feixe de apelidos rimbombantes e hilvanados xa non é seguro de porvir en Ferrol. Iso foi hai moitos anos. Cando a cidade aínda era ilustrada. 
 
Francisco Maceira